8 nov 2016

De paso por Mostad


Mostad ou Mostade é unha pequena aldea pertencente á parroquia de Esperante. Localizada na ladeira dunha montaña non dista moito da "Cova do taro da lastra" e tampouco da maior concentración de sequeiros do Courel. Os amantes das camiñatas teñen unha ruta circular de dificultade media chamada "Ruta dos sequeiros de Mostad", iníciase en Esperante á beira do camping, transcorrendo por fermosos soutos de castiñeiros e pasando á beira do río Lor.
Mostad non ten capela como todas as aldeas do Courel, pero a primeira casa que nos atopamos ao chegar ao pobo habilitárona para tal fin. Aínda que algunhas das súas casas están a ser restauradas a aldea habítana soamente sete persoas.

Mostad o Mostade es una pequeña aldea perteneciente a la parroquia de Esperante.
Localizada en la ladera de una montaña no dista mucho de la "Cueva del taro da lastra" y tampoco de la mayor concentración de sequeiros del Courel.
Los amantes de las caminatas tienen una ruta circular de dificultad media llamada "Ruta de los sequeiros de Mostad", se inicia en Esperante al lado del camping, transcurriendo por hermosos bosques de castaños y pasando al lado del río Lor.
Mostad no tiene capilla como todas las aldeas de O Courel, pero la primera casa que nos encontramos al llegar al pueblo la han habilitado para tal fin. Aunque algunas de sus casas están siendo restauradas la aldea la habitan solamente siete personas.







0 comentarios:

Publicar un comentario