10 nov 2016

XXIX Festa da castaña do Courel


Desde hai 29 anos vense celebrando a festa da castaña no Courel. Este ano tivo lugar en Folgoso no medio dun marabilloso souto de castiñeiros centenarios chamado "O souto da carroza"

Desde hace 29 años se viene celebrando la fiesta de la castaña en O Courel. Este año se ha celebrado en Folgoso en medio de un maravilloso bosque de castaños centenarios  llamado "O souto da carroza"


A media mañá comeza a chegar a xente, o souto vai cobrando vida entre os postos de artesanía, pulpo, churrasco, produtos típicos da serra e os elaborados a base de castañas.

 A media mañana comienza a llegar la gente, el bosque va cobrando vida entre los puestos de artesanía, pulpo, churrasco, productos típicos de la sierra y los elaborados a base de castañas. 


Acenden o lume e comezan a asar as castañas que reparten gratuitamente entre os asistentes.
Sérvense acompañadas de viño nunhas bonitas xerras decoradas para a ocasión.

Encienden el fuego y comienzan a asar las castañas que reparten gratuitamente entre los asistentes.
Se sirven acompañadas de vino en unas bonitas jarras decoradas para la ocasión.


As castañas son asadas nuns tambores metálicos furados chamados cachelas, 
estes apoiados nuns soportes.

 Las castañas son asadas en unos tambores metálicos agujereados llamados cachelas,
 estos apoyados en unos soportes.


A poucos van virando os tambores para remover as castañas e que estas non se queimen.

A pocos van girando los tambores para remover las castañas y que estas no se quemen.


É importante coidar que o lume non se apague para asar os varios centos de
 quilos de castañas que teñen preparados.

Es importante cuidar que el fuego no se apague para asar los varios cientos de
 kilos de castañas que tienen preparados.



Outro utensilio que usan para asar as castañas é unha " asadeira" de forma rectangular a modo de caixa furada tamén na súa superficie, nesta asadeira hai que remexer as castañas
 cun anciño mentres se asan.

 Otro utensilio que usan para asar las castañas es una "asadera"de forma rectangular a modo de caja agujereada también en su superficie, en esta asadera hay que revolver las castañas
con un rastrillo mientras se asan.


Á celebración que dura toda a mañá e parte da tarde acompañana a boa música e o baile.

A la celebración que dura toda la mañana y parte de la tarde la acompañan la buena música y el baile.


A XXX edición será en Seoane.

La XXX edición será en Seoane.

0 comentarios:

Publicar un comentario